" />

O PP denuncia o “Bipartito-Gate” no uso abusivo de contratos menores na xestión das redes sociais

O Partido Popular volve a advertir ao Concello de Lugo sobre novos contratos adxudicados a dedo, saltándose, din, o principio da libre concorrencia xa que só puideron optar a eles as empresas escollidas polos ediles do PSOE e BNG. O Partido Popular tilda esta forma de actuar como o Bipartito Gate, en alusión ás numerosas contratacións menores que realizan concellerías para sortear, din os populares, controis internos. 

Neste senso, os populares puxeron hoxe sobre a mesa novos contratos menores, esta vez relacionados coas redes sociais e plataformas online do Concello; especialmente fan fincapé nunha empresa vinculada, no momento da contratación, ao entorno familiar dun concelleiro socialista. ASemade, segundo os populares a empresa á que fan referencia, non está especializada neste tipo de traballos senón que é unha empresa de xestión museográfica. Por parte do BNG, segundo os populares, este sistema de contratación menor fíxose tamén cunha persoa para levar as redes sociais de cultura e que na súa alta na seguridade social figura como fotógrafo.

Neste último caso, exemplifican os populares, dividen artificialmente en dúas facturas de 8.712€ un contrato de 17.424€ por xestión redes sociais e márketing dixital da área de Cultura. “O lóxico é que se tramitara como unha única unidade para cumprir a lei e conseguir así o mellor prezo para o Concello de Lugo e así tamén dar participación a todos os autónomos e ás Pemes”, critican. En definitiva, os populares están a falar de case 1.500€ ao mes polas publicacións en redes sociais desta concellería do BNG.

A maiores a esta mesma persoa contrátaselle por 6.037€ a xestión de perfís en redes sociais e a web do San Froilán 2020 ao que se suman outros cinco contratos por un importe total de 8.933,92€ por inserir publicidade nunha web. “Falamos de que desde unha área dirixida polo BNG adxudícaselle a unha soa persoa contratos por valor de 26.357,94€ ou o que é o mesmo, 2.200€ ao mes, tan só en contratos que desde o Grupo Popular puidemos detectar”, explicou Ameijide, unhas cifras que poderían aumentar xa que podería haber máis.

“Outro despropósito do  BipartitoGate noutras áreas tamén coordinadas polo PSOE é a coordinación de redes sociais para o festival 25 N por 7.195,41€, un evento que durou cinco días (do 25 ao 29 de novembro), o que se traduce nun pago de case 1.500€ por cada día de festival. Tamén se poden considerar excesivos as facturas que se pagan por outro tipo de contratacións como o aloxamento de webs: Web Europe Direct (1.161,60€) ou 1.689,16€ pola  renovación do dominio e aloxamento web lugomasxti“.

Os populares tamén poñen o acento na contratación a unha empresa da Coruña para a web, audiovisual, fotografía e comunicación dos premios Conexxio. “Unha vez máis non se convida a empresas ou autónomos lucenses que están máis que capacitados para desempeñar este tipo de traballos e vemos como neste caso pagáronse 17.787€, moi preto do límite máximo que permite a lei e cuxo importe tamén parece desproporcionado”, afirma.

Ante esta situación de uso abusivo de contratos menores o Partido Popular solicitará información do número de contratos e dos importes que se adxudicaron no que levamos de mandato de varias empresas, co ánimo de loitar contra o “caciquismo moderno” e a “opacidade de PSOE e BNG” e buscar así a máxima transparencia e igualdade de trato de para todos os autónomos e empresas da cidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mar 03, 2021 - 03:15 PM

    Bipartito-Gate? Arre la hostia con el empeño del rapaz del PP en salir todos los días, sea como sea, en los medios.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo