O PP denuncia o “estado de abandono” que presenta a estrada vella de Santiago

O viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denuncia “os problemas que presenta a sinalización, tanto vertical como horizontal, que hai na entrada a Lugo, no cruzamento da estrada vella de Santiago coa estrada de Friol”.

Enrique Rozas, acompañado do portavoz municipal popular Antonio Ameijide, comprobou o estado desta vía municipal “que está nun total estado de abandono, xa que ás enormes deficiencias que hai na sinalización en materia de tráfico, hai que engadir que a maleza invade a estrada en numerosos puntos, o que fai aínda máis perigosa a circulación xa que limita a visibilidade aos usuarios”. O viceportavoz popular critica a actuación do equipo de goberno neste punto “xa que no cruzamento arranxaron unha fochanca e só pintaron as marcas viarias na zona en que actuaron a pesar de que non custaba nada actuar en toda a contorna para adecuar o cruzamento e sinalizar correctamente a zona”.

Enrique Rozas pide aos socialistas unha actuación “inmediata” xa que o “abandono é considerable e trátase dunha das entradas á cidade e ten bastante densidade de circulación, sobre todo desde que se fixo a conexión coa rotonda que acceso á autovía Lugo-Santiago, que está nas proximidades”. O popular explica que usuarios da vía e veciños puxeron de manifesto as súas queixas polo abandono que o equipo de goberno ten con esta entrada a Lugo, xa que, segundo explicaron, “todos os días ven situacións de risco para os usuarios desta vía, tanto condutores como peóns”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com