" />

O PP denuncia o fraccionamiento nove contratos menores que suman 282.000 €

Os populares do Concello de Lugo, seguen a estela deixada polos ediles de cidadáns en días pasados, e denuncian hoxe que ao longo de 2020 o goberno local fixo como mínimo “oito fraccionamentos de contratos menores” que suman máis de 282 mil euros.

O vicevoceiro da agrupación, Antonio Ameijide explicou que PSOE e BNG “dividiron artificialmente” obras no Vello Cárcere e obras de reforma no Fogar do transeúnte así como suministros de material tecnolóxico e audiovisual da Casa dos Mosaicos. Nos tres casos “os importes que se aboaban dividironse para rozar o límite dos contratos menores e evitar así, din os populares, a súa publicidade, impedindo que outras pequenas e medianas empresas puideran acceder a eles”.

Os casos que denuncian os populares son: o fraccionamento de dúas obras no fogar do transeúnte, ambas por un importe idéntico de 47.487,48 € que se pagan á mesma empresa. Hai que ter en conta que o límite que marca a
lei para facer un contrato de obra menor é de 48.400 € (40.000 máis IVA).

Tamén obras no vello cárcere polas que se pagaron, tamén á mesma empresa que no anterior expediente, dúas facturas de 27.692 € (salón de actos) e 24.709 € (para dar acceso independente á cafetería).  Na Casa dos Mosaicos o Concello pagou á mesma empresa dúas facturas tamén con importes exactos (17.224,35), polos conceptos de novo material audivisual, e material tecnolóxico para substitución do equipamento.

Os populares aseguran que se aboaron a outra empresa outras dúas facturas por idéntico importe (11.779,35 €) para programación sistema audiovisual e por desenvolvemento do novo sistema de programación. “Aquí falamos de catro contratos, nos que se fixeron dous fraccionamentos de libro para repartir entre dúas empresas en catro facturas, sen dar ningún tipo de publicidade e posibilidade de participación na contratación”.

Asemade, Ameijide sinala outros dez contratos en concepto de servizo de comedor, cociña e lavandería para os centros escolares de Serra de Outes e Gregorio Sanz que suman os 77.000 €. O popular insistiu en que “este recurso de contratos menores, no concello de Lugo, é abusivo e non supón ningunha situación vantaxosa para os intereses públicos ademais de incumprir o principio da libre concurrencia e a igualdade de trato constituíndo unha barreira burocrática inxustificada para as pequenas e medianas empresas”.

Antonio Ameijide recrimina á alcaldesa e ao vicealcalde que non den explicacións polos 6.7M€ que repartiu “a dedo” nos 1.343 contratos menores que asinaron o pasado 2020. “Mandan a un concelleiro que en vez de clarificar, enrredou ainda máis” polo que avanzou que “pedirán explicacións en comisión de onde están os toldos , sombrillas e cinceiro coas que se amoblou o xardín do CEI Nodus e polas que se pagaron, con contratos menores a dedo, 12.678,30 €”. “O bigoberno di que non está este material pero na listaxe que eles publicaron figura como pagado, así que urxe aclaran onde están os cartos ou os mobles, ou ben minten ou ben falsean a documentación”, puntualizou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo