" />

O PP denuncia que a concesionaria do parking de Viana do Castelo lev a 8 anos sen pagar

O Partido Popular desvelou hoxe que a concesionaria do aparcadoiro público da praza Viana do Castelo adebeda o canon de explotación dende hai 8 anos. Os populares puxeron en coñecemento esta mañá dos técnicos municipais que esta instalación está aberta e que se anuncia en internet cos horarios de apertura e peche. O voceiro popular tirando de ironía manifestou que “se trata dun novo modelo perfeccionado de gorrillas a cuberto patentado por Lara Méndez”.

Os populares presentarán preguntas en comisión para saber en que situación legal se atopa esta infraestructura e se as respostas non son satisfactorias pedirán a comparecencia en pleno de Lara Méndez para as explicacións oportunas. Ameijide indicou que en caso de que “a alcaldesa alegue descoñecemento ainda é moito máis grave por consentir que se lucre unha empresa privada dunha propiedade municipal”.

Ameijide tamén confirmou que trasladará a documentación deste caso aos servizos xurídicos do PP por si “pudiéramos estar diante dunha presunta prevaricación ou outro tipo de delicto” e que de confirmase se adxuntaría á denuncia penal en curso, que presentou o PP contra a alcaldesa polos contratos caducados, por presunta prevaricación e malversación de fondos públicos.

O voceiro popular lamenta que se repitan situacións deste tipo por culpa do déficit de xestión do goberno socialista “estamos diante dun goberno desnortado e que non sabe o que ten entre mans” engadindo se trata “da enésima neglixencia e falta de control do goberno socialista coas empresas concesionarias”.

Por último, o voceiro dos populares amosou a súa sorpresa polo absoluto descoñecemento da cidade e das necesidades dos lucenses xa que presume de deseñar un parking disuasorio de 23 prazas cando descoñece que a 150 metros o Concello ten un aparcamento soterrado de 166 prazas polo non lle pagaron nin un só euro nos últimos 8 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo