O PP lamenta que os lamparóns de graxa das parrillas do Arde Lucus segan sen limpar

A concelleira popular, Ana López Pombo, critica as deficiencias no aseo urbano á vez que reclama que durante o verán se mellore a calidade do servizo “incrementando a frecuencia do baldeo tanto no casco histórico como noutras áreas saturadas”. A popular fixo estas declaracións baixo a denuncia de que as rúas que acolleron parrillas durante o Arde Lucus continúen con lamparóns de graxa das carnes que alí se cociñaban.

A popular explicou que como en xullo e agosto se fai máis vida na rúa e, polo tanto, se xenera máis suciedade e residuos é preciso intensificar a limpeza puntualizando que o casco histórico é un dos principais atractivos turísticos de Lugo, e ten que ofrecer unha imaxe coidada, polo que o goberno non debe escatimar medios.

O Grupo Popular solicita un dispositivo especial de limpeza no casco histórico durante o verán para mellorar a calidade do aseo urbano nunha zona que é un dos principais escaparates de Lugo durante o verán. A concelleira popular afirma que “a periodicidade coa que se emprega o sistema de limpeza con auga a presión nesta zona é insuficiente” e como proba gráfica presentou imaxes das manchas de graxa que quedaron, trala celebración hai máis de dúas semanas do Arde Lucus, en Prazas tan emblemáticas como a da Soedade ou a de Anxo López Pérez.

A popular lamenta a lentitude coa que os socialistas abordan a adxudicación do novo concurso de limpeza xa que logo de catro meses, dende que caducou o contrato, ainda non elaboraron o novo prego de condicións do servizo. Nesta liña, López Pombo lembrou que o 31 de marzo caducou o contrato con Urbaser e que se está pagando con reparos de legalidade cada mes preto de 600.000 euros “se tivesemos todo en regra aforraríamos cartos e conseguiríamos unha mellor prestación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com