" />

O PP pedirá ao pleno fraccionar os recibos da auga “sobredimensionados”

Ante a avalancha de reclamacións presentadas por lucenses por cobros excesivos nos recibos da auga, dende o Grupo Municipal do Partido Popular se defenderá no vindeiro pleno unha proposta para garantir a seguridade dos cidadáns ante os cobros excesivos que se están a dar nestes recibos paulatinamente.

Neste senso, o voceiro popular Ramón Carballo defende que nesta proposta que se defenderá ante o pleno se quere conseguir un acordo para que se realice unha correcta revisión de todas as reclamacións para que se devolva todo o cobrado indebidamente, recalculando os tramos dos trimestres non lidos.

Nestes últimos días, nos que dende o Grupo Municipal se iniciou unha campaña para axudar aos lucenses nas súas reclamacións por estes cobros indebidos. Unha campaña na se que facilita un modelo para presentar no rexistro municipal a todo aquel lucense que o necesite asesorándoo de como conseguir que recuperen o diñeiro que o Concello lle cobrou e que dende o luns, día na que deu comezo, xa se atendeu a más de medio cento de lucenses en só tres días.

Ante tantas reclamacións, víronse diferentes casos nos que os importes a cobrar era moi elevados, provocando serias dificultades aos cidadáns para poder facer fronte a eses recibos, motivo polo que tamén se proporá ao pleno que se atendan as peticións de lucenses que, ante a incapacidade de facer fronte a recibos tan elevados, se lle fraccionen os pagos.

O popular pon como exemplo o caso dun lucense que, debido a súa complicada situación económica, non puido facer fronte ao pago do último recibido, que triplicaba a cantidade que pagaba habitualmente (pasou de pagar 60 a 185€) ou doutro veciño que pasou de pagar uns 44€ ao trimestre a recibir un recibo por valor de 659€.

Estas situacións non son agradables para ninguén, polo que a iniciativa tamén recollerá que o goberno local garanta a correcta lectura dos contadores para evitar de novo este tipo de situacións polo que se non é posible garantila a través de persoal propio se pense noutras posibilidades como a instalacións dos chamados contadores intelixentes que facilitan unha lectura remota dos contadores. “Vemos como hai cidades nas que se están a adoptar solucións para evitar este tipo de situacións que non gustan a ninguén como os contadores telexestionados que permiten lecturas a distancia en tempo real, polo que, deste xeito, non se estaría a cobrar nada indebido aos cidadáns”, afirmou.

Unha solución que para os populares viría a reforzar a idea que defenden dende o goberno local, de facer de Lugo unha ‘smart city’, xa que se de verdade queren avanzar neste eido teñen que facelo con medidas reais e que favorezan aos cidadáns en lugar de pensar en proxectos faraónicos e  quimeras que nunca se materializarán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo