O PP pide á alcaldesa que promova un plan integral de limpeza dos ríos Miño e Rato

O Partido Popular insta ao goberno local a impulsar en colaboración coas administracións competentes a limpeza dos cauces e as beiras dos ríos dos parques periurbanos do Miño e o Rato.

A concelleira popular Ana López Pombo xunto co voceiro do PP Antonio Ameijide chequearon o estado no que se atopan estes cauces ao seu paso por Lugo e explicaron que “é lamentable que haxa  moitos tramos nos que a maleza impide ata ver o río Miño, incluso a escasos dous metros do seu leito a única paisaxe que observamos son as malas herbas”.

A edil reclama unha actuación inmediata para mellorar a imaxe destas zonas de ocio “este plan de limpeza debe facerse canto antes non só pola estética tamén porque temos que protexer a flora e fauna e evitar acumulacións de lixo ou de sedimentos que logo provocan desbordamentos destes ríos causando destrozos nos paseos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo