" />

O PP pide “máis axilidade” na tramitación de axudas dos servizos sociais municipais

A concelleira do Partido Popular, Mari Teijeiro, reclámalle ao goberno local “máis axilidade” na tramitación das axudas dos servizos sociais municipais, no relativo ás partidas de material escolar e ás que perciben colectivos e entidades do eido social, que se encontran “moitas veces en situacións límite e insostibles pola falta de sensibilidade e de celeridade do Concello”.

Nesa liña, a popular tildou de crítica a situación “á que o Concello de Lugo condena a moitas familias que, sendo beneficiarias das axudas de material escolar, non as puideron ingresar ata mediados do segundo trimestre”.

Paralelamente, Teijeiro tamén lamentou que o Concello “asfixie” a moitos colectivos, coa “incoherencia de primeiro derivarlles casos que a administración non atende para, despois, demorar máis dun ano o pagamento dos fondos que lles ten concedido”.

Deste xeito, a popular lembra que algunha das asociacións xa lle trasladaron ao goberno as dificultades que atravesaban por culpa do impago municipal durante estes meses e que podían abocar ao peche.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo