" />

O PP solicita que se elabore un manual para o deseño urbán do casco histórico de Lugo

A concelleira do Partido Popular en Lugo, Isabel Devesa solicita ao goberno local que elabore un Manual Práctico que poña en valor o casco histórico, profundizando en tres liñas: establecer uns criterios de deseño urban; elaborar un catálogo de mobiliario e materiais admisibles e, por último, un estudo de color en fachadas que serva de base para a Ordenanza de Cores.

Para os populares esta guía de boas prácticas “é moi necesaria” xa que “se se aspira a que o recinto amurallado sexa declarado Patrimonio da Humanidade hai que mellorar a estética, a seguridade, a habitabilidade e a funcionalidade dos espazos públicos”. Devesa asegura que o concello tería que tender hacia un modelo que poña en valor o patrimonio evitando actuacións que distorsionen a paisaxe urbana.

A filosofía desta iniciativa é ofrecer unha visión global, coherente e harmónica do casco histórico para evitar que se elixa en función do proxecto e, dixo, ao libre albedrío, os deseños dos espazos públicos para conseguir unha imaxe de continuidade evitando traballos a parches.

Devesa explicou que este Manual, debería establecer as directrices técnicas para as intervencións do recinto amurallado, e valer de base para incorporala á próxima revisión do PEPRI.

Entre os aspectos nos que o PP considerou que se debe traballar, destaca o emprego da cor nas fachadas xa que ten unha grande repercusión na imaxe da cidade. Neste senso, a popular propón que se elabore un documento base para a futura Ordenanza de Cores para o centro histórico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo