" />

O presidente da Deputación de Lugo envía 49 cartas a Feijóo e 8 a Rajoy, coas peticións que lles fixeron os veciños nos Orzamentos Participativos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, enviou este mércores 49 cartas ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e 8 ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, para facerlles chegar todas peticións que lles realizaron os veciños da provincia, durante o proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos do organismo provincial.

Gómez Besteiro enviou unha carta por cada un dos 49 veciños que a título individual, ou ben en representación dunha asociación, demandaron iniciativas que son de responsabilidade da Xunta e do Goberno central, ou ben necesitan da imprescindible colaboración destas administracións para poder saír adiante.
Escoitámolo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo