O próximo luns ábrese o prazo de inscrición para o próximo curso da Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música do Concello de Lugo abre este luns 11 o prazo para inscribirse para o próximo curso 2015/2016 para os alumnos que xa están cursando este ano.

O prazo para estes alumnos que queiran continuar cos seus estudos o próximo curso remata o 25 de maio. Para o novo alumnado o prazo de inscrición comezará máis tarde, o 1 de xuño, e rematará o 15 de xuño. En todo caso, a elección de horarios farase por orde de matrícula.

Entre as materias que se imparten, tanto a nenos como a adultos, figuran ensinanza da linguaxe musical e instrumentos sobre todo de vento e percusión (frauta, clarinete, saxofón, fagote, gaita, percusión tradicional, entre outros).

Os horarios de matrícula serán os luns de 09.30 a 13.30 e de 16:30 a 21.00, os martes de 17.00 a 21.00 hora, os mércores e xoves de 16.00 a 21.00 horas, e venres de 16.00 a 19.00 horas na secretaría da Escola de Música situada na primeira planta do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com