" />

O Psoe volcouse coa manifestación en apoio ao sector lácteo de Vilalba

A manifestación convocada en defensa do sector lácteo que onte se celebrou en Vilalba contou co apoio masivo do Partido Socialista de Galicia. Encabezados polo líder e máximo dirixente, o Secretario Xeral José Ramón Gómez Besteiro, ao que acompañaban o voceiro provincial socialista e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde; o deputado socialista polo partido xudicial de Vilalba, Eduardo Vidal; o Alcalde de Pol e deputado provincial, Lino Rodriguez;   os deputados/as: Pilar García Porto, Álvaro Santos Ramos, Pablo Rivera Capón; os alcalde de Meira, A Pastoriza e Trabada, así como outros cargos do partido, marcharon detrás dunha pancarta na que se expresaba o apoio dos alcaldes do PSdG- Psoe ás reivindicacións dos gandeiros galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo