" />

O Supremo desestima o recurso do Concello de Lalín contra a Deputación de Lugo pola marca Km0

O Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de nulidade presentado polo consistorio pontevedrés contra unha sentenza anterior, tamén do Supremo, que concedía ao organismo provincial lugués a marca nacional Kilómetro Cero Deputación de Lugo.

Con esta resolución xudicial firme, o Tribunal Supremo rexeita todas as alegacións presentadas polo Concello de Lalín, nunha resolución que afirma que éstas “resultan infundadas” e declara “axustada ao dereito” a concesión da marca nacional á Deputación de Lugo.

O TS reitera que se trata dunha “marca distinta concedida previamente á Deputación de Lugo” e aclara que “non existe risco de confusión” entre os distintivos Kilómetro Cero Deputación de Lugo e Lalín Quilómetro Cero de Galicia.

Deste xeito, o Supremo desestima as pretensións do Concello de Lalín, dando carpetazo definitivamente ao caso e impoñendo as costas ao Concello de Lalín.

Escoitamos á Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez:

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo