" />

O turismo crece un 17% en Lugo durante o 2019

O turismo aumenta na cidade de Lugo ano tras ano. No pasado 2019, un total de 84.927 persoas se achegaron ás principais instalacións turísticas municipais, segundo as cifras publicadas hoxe pola concellería de Cultura e Turismo. Un aumento de visitantes do 17% con respecto ao 2018 e que se reflicte nun aumento de visitas aos museos dependentes de esta área, destacando a Casa dos Mosaicos que duplicou o número de visitantes. Pola súa banda, a oficina de Tursimo municipal chegou a atender a 44.408 persoas, un 4% máis que na anualidade anterior.

Cifras, todas elas, queo Concello de Lugo prevé aumentar, coa posta en marcha da campaña Lugo Km 100 e coa chegada do ano Xacobeo; e que sitúan a Lugo como unha nova atracción de primeira orde dentro do turismo de interior.

Un dos obxectivos da administración local de cara ao 2020 co plan Lugo Km100 é atraer ás persoas que queiran facer o Camiño de Santiago por primeira vez “escapando da masificación do Camiño Francés” ou como punto de partida dunha nova ruta.

“Lugo está a 100 Km exactos de Compostela, a distancia mínima para obter a Compostela”, indicou a edil de Cultura, que engadiu “un dos nosos obxectivos é atraer ás persoas que queiran facer o camiño por primeira vez escapando da masificación do Camiño Francés ou como punto de partida dunha nova ruta”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 07, 2020 - 02:46 PM

    E eso, que dende o concello non fan nada de nada. Hasta parece que lles molesta que haxa visitantes.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo