" />

O veredicto final: Ibrahima Ndiaye culpable de todos os cargos

O xurado popular vén de presentar o seu veredicto no xuízo contra Ibrahima Ndiaye polo asasinato, en 2016, da rapaza de 24 anos, Tatiana Vázquez. Os nove membros do xurado decidiron no día de hoxe que Ibrahima é culpable de todos os cargos que se lle imputaban: asasinato e maltrato habitual.

Tres días de xuízo e unha mañá para que o xurado deliberase sobre a inocencia ou a culpabilidade do senegalés, Ibrahima Ndiaye, único acusado polo asasinato en 2016 de Tatiana Vázquez. O xurado, formado por 9 persoas tivo que responder a 14 preguntas sobre o caso. A xuíza, María Luisa Sandar, lembráballe onte ao xurado que terían que desempeñar a función de xuíces e que, de albergar algunha dúbida sobre a inocencia de Ibrahima, sempre deben decidir en beneficio do acusado sobre todo nun xuízo do que afirmou a maxistrada, “non hai probas craras”.

Para que o xurado dera por aprobado un feito que sexa favorable a Ibrahima, a resposta á pregunta formulada pola xuíza debía sumar unha maioría simple, é dicir, cinco votos. Para aprobar un, contrario ao acusado, a maioría debía ser de 7 votos. 

Ibrahima Ndiaye enfróntase agora a unha condea de 27 anos e medio de prisión; 25 polo cargo de asasinato e outros 2 e medio como autor dun delito de maltrato habitual no ámbito familiar. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo