" />

O X Comercio na Rúa bate récord e máis de cen tendas ofrecerán o venres descontos de ata o 80%

Máis de cen tendas da cidade ofrecerán este venres descontos de ata o 80% na décima edición de Comercio na Rúa – Street Market, unha cifra récord de participación neste evento, organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo, que conta coa colaboración do Concello e a Deputación.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a presidenta e a secretaria da Asociación de Autónomas, Marta López Yáñez e Teresa Fernández López, respectivamente, presentaron este mércores a nova xornada comercial, que se desenvolverá en establecementos situados en 25 rúas da cidade en horario ininterrompido de 10:30 a 21:00 horas.

Na cita participará unha ampla representación do comercio de proximidade de Lugo: textil, calzado, regalo, fogar, xoiería, peletería, decoración, eventos, mercería, perfumes, deporte, herboristería e golosinas, entre outros.

A Concelleira de Economía felicitou á asociación organizadora “porque cada ano o número de tendas que se involucran nesta iniciativa é maior, o que supón un éxito para todos”, e destacou a “colaboración que se estableceu entre o Concello, a Deputación e a Asociación de Autónomas para potenciar este tipo de actividades que dinamizan a economía e o emprego da nosa cidade”. No Concello “estamos moi orgullos por colaborar cun evento que impulsa un sector estratéxico como é o comercio, que xera o 14% do PIB e o 16% dos postos de traballo do municipio”, asegurou a edil.

O obxectivo é “revitalizar o pequeno comercio, que fixo moitos esforzos importantes para satisfacer as necesidades de todos os veciños e veciñas. En Lugo temos de todo”, afirmou Ana Prieto, quen animou aos veciños a gozar desta nova edición de Comercio na Rúa e mercar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo