" />

A Oficina de Turismo de Lugo contará co servizo de videointerpretación para persoas xordas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de poñer en marcha o servizo de videointerpretación en lingua de signos nas oficinas de turismo dependentes da Xunta,  Lugo, Vigo e A Coruña.

A extensión deste servizo é posible grazas a un convenio asinado recentemente pola Amtega e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), cunha achega da Axencia pública de preto de 70.000 euros. Este acordo dá continuidade á colaboración que manteñen ambas as dúas entidades desde o ano 2011, cando se puxo en marcha este sistema, que facilita ás persoas con algunha discapacidade auditiva a información que se facilita a través do teléfono 012.

Servizo presencial e online

A través deste dispositivo as persoas xordas que acoden a estas dependencias poden poñerse en contacto co servizo de videointerpretación da FAXPG, desde onde se facilita a interpretación da lingua oral a lingua de signos entre o empregado do rexistro ou do centro de saúde e o usuario.

Ademais, as persoas con discapacidade auditiva poden empregar a videointerpretación a través da web da Xunta. Neste caso o usuario precisa dun ordenador con webcam co que contactará co servizo de videointerpretación indicando a persoa, entidade ou servizo co que desexa facer a súa consulta. Utilizando unha liña paralela, o videointérprete contacta co destinatario e lle indica que se vai a establecer a comunicación. A partir dese momento o videointérprete actúa de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, posibilitando así a comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo