Olalla Rodil “non permitamos que o PP leve a sanidade ao precipicio”

A viceportavoz e deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, acomapañada por concelleiros de Lugo, mantiveron un encontro informativo coa delegación da CIG do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, para tratar de primeira man unha análise do funcionamento e estado do servizo sanitario.

Neste encontro, púxose enriba da mesa a falta de recursos, tanto de persoal como de materiais, para poder desenvolver o servizo con plenas garantías aos usuarios e usuarias. Un dos sinais que amosaron esta carencia é a falta de roupa para os profesionais ou de roupa para as pacientes ou o déficit de persoal xeralizado.

Pero un dos principais servizos máis prexudicado é o de urxencias. Cualificaron a problemática desta área de “problema estrutural”, debido a falta de persoal e do lugar físico no que se atopa, o que non está ben adaptado para desenvolver o servizo en condicións óptimas.

Ao que tamén hai que engadir a falta da apertura de camas no complexo hospitalario, que producen como consecuencia os colapsos. “Todos eles síntoma da política de recortes que padece o sistema de saúde”.

Olalla Rodil explicou que o modelo de sanidade executado na última década polo Partido Popular leva a sanidade pública galega “ao seu debilitamento”, que co argumento da crise, aplicou “duras” políticas de recortes e medidas cuxo fin é a “privatización e o seu desmantelamento”, a que reclamou “non permitamos que o PP leve a sanidade ao precipicio”.

O Bloque Nacionalista Galego chama a participar masivamente na vindeira manifestación en defensa da sanidade pública convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo 9 en Compostela. Un chamamento na que tamén a viceportavoz do BNG recalcou “ese descontento ten que se canalizar na manifestación deste domingo en Compostela, porque coa sanidade pública non se xoga, é un dos nosos bens máis prezados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com