Os Bombeiros traballan na extinción dun lume nunha palleira en Sober

Os Bombeiros de Monforte traballan na extinción dun lume que se iniciou nunha palleira, en Santa Leocadia, na parroquia de Amandi, no concello lucense de Sober.

Afortunadamente, non houbo  que lamentar danos persoais. Así o  aseguraban os alertantes que chamaron ao CAE 112 Galicia sobre as 11:00 horas desta mañá, para pedir axuda.

Decontado, alertouse aos efectivos do parque comarcal, á Garda Civil e a Protección Civil. Unha vez no lugar, os profesionais de extinción comunicaron ao 112 Galicia que, aínda que o lume está controlado, continúan polo momento coas tarefas de extinción, ao verse tamén afectado o tellado dunha vivenda que había ao seu carón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo