Os deputados do PP esixen ao Goberno saber en como afectar á provincia o pago nas autovías

Os deputados do PP de Lugono Congreso, esixen ao Goberno que precise como lle vai afectar á provincia o pago de autovías que planea o Executivo de Pedro Sánchez. E é que ao igual que está acontecendo en todo o país, Lugo tampouco se vai a ver libre da peaxe que o Goberno en funcións pretende impoñer para circular por autovías gratuítas, e que, no caso da provincia, son as A-8 e A-6. En total, e de aplicarse esta medida, serían 215 quilómetros os que se verían afectados, 110 na segunda e 105 na do Cantábrico.

Deste xeito, os populares censuran a decisión de Sánchez de crear un novo gravame, ao tempo que consideran “necesario” que se explique as condicións que leva implícitas a aplicación desta taxa, pois a afectará negativamente a colectivos tan importantes como o transporte ou a industrias.

“Continúa con este globo sonda, sendo moi alarmante que non explique cal é a súa proposta, contías ou recorridos afectados. Consideramos que non é de recibo que aínda non se dixese se van pagar os autónomos, os transportistas, os gandeiros, os xubilados….. Aínda que digan que será algo simbólico, o que pretenden facer é unha suba de impostos en toda regra”, alertan.

Por este motivo, os deputados lucenses presentaron esta iniciativa e recoñecen estar “profundamente preocupados pola deriva na que está sumida a política impositora de Sánchez”, e que xa a ter consecuencias “claramente negativas e prexudiciais.

Asemade reclaman o pago da débeda que o estado ten coa Xunta de Galicia e que ascende “a 700 millóns de euros”.

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @Donatelo
    Ago 21, 2019 - 01:39 AM

    @PPdeLugo @PsoeLugo
    + @BNGLugo
    10 años más de atrasos

    #DisfrutenloVotado https://t.co/0VvhxmGXdx

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com