Os empresarios de Lugo interésanse pola innovación e a convocatoria Innterconecta

Un grupo de empresarios participaron hoxe nunha xornada informativa organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) en colaboración con CTIC Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación, co obxectivo de difundir novas solucións tecnolóxicas para empresas e analizar en profundidade a convocatoria Innterconecta, orientada ao financiamento de proxectos de I+D promovidos por consorcios empresariais, e como poden acceder pemes e microempresas a este tipo de axudas.

Na xornada puxéronse de manifesto as dificultades das empresas de pequeno e moi pequeno tamaño de promover procesos innovadores, e a importancia das iniciativas de carácter cooperativo e colaborador de cara a non se quedar atrás no acceso ás novas tecnoloxías e na incorporación nos seus negocios de procesos innovadores.

Na parte de “oportunidades tecnolóxicas” os asistentes á xornada tiveron a oportunidade de achegarse ás tendencias tecnolóxicas que marcan o 2015, con especial atención a solucións de realidade virtual e aumentada, análise de datos, Big Data ou visión por computador.

Jaime López, secretario xeral da CEL, foi o encargado de abrir este encontro, no que participaron como relatores Pablo Coca, director de Negocio e Operacións de CTIC, e Fidel Díaz, responsable de Innovación de este centro tecnolóxico, situado en Gijón. O secretario da CEL destacou a importancia de estreitar lazos con comunidades como Asturias “que están desenvolvendo proxectos moi interesantes trasladables a esta provincia”.

De cara ao estudo de posibles accións a desenvolver no futuro de forma colaboradora, os técnicos de CTIC tiveron ademais a oportunidade de visitar con anterioridade á celebración da xornada as instalacións do CETAL, que percorreron acompañado do subdirector deste centro e de representantes da CEL e da Fundación CEL.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com