Os novos concelleiros Rosana Rielo e Manuel Núñez formaran parte do Goberno Municipal

Rosana Rielo e Manuel Núñez tomaron posesión como concelleiros no Pleno ordinario deste xoves. A Alcaldesa, Lara Méndez, subliñou “a incorporación destes dous grandes efectivos, que recupera o Concello, pois xa tivo a sorte de contar coa seu bo facer e disposición”. Méndez destacou a “recoñecida traxectoria persoal, profesional e na administración” de Rielo e Núñez, que “se van a poñer a traballar en favor dos veciños de Lugo en canto salgan do Pleno”, e desexoulles “moita sorte e acertos”.

Rosana Rielo Rozas (Castro de Rei, 1979) é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED, e Graduada en Traballo Social pola UNED, onde cursou un Máster en Xuventude e Sociedade. Empregada de banca, no anterior mandato foi Concelleira de Desenvolvemento Local. Rielo asegurou que afronta esta nova etapa no Goberno “con moita ilusión por traballar unha vez máis polos nosos veciños e coa pretensión de facelo todos xuntos para conseguir entre todos un Lugo mellor”. “Cando se traballa en conxunto sempre se logran beneficios para a cidade e os cidadáns”,

Manuel Núñez López (Milleirós, Lugo -1958-) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestre na especialidade de Ciencias Sociais pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. É Director do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo. No anterior mandato, foi Concelleiro da Área de Servizos Xerais e de Participación Cidadá. Núñez afirmou que se incorpora ao Goberno unha vez máis “para sumar e dar resposta ás demandas que plantexan os veciños na medida das nosas posibilidades”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com