" />

Os socialistas lucenses prometen situar o Vello Cárcere e o Auditorio como referentes culturais

A candidatura socialista do PSdeG-PSOE de Lugo, encabezada por José López Orozco, celebrou onte na Praza Anxo Fernández Gómez un acto literario con motivo do Día das Letras Galegas, no que leron textos de Rosalía, Cunqueiro, Darío Xohán Cabana, Luz Pozo Garza, Paco Martín ou Claudio Rodríguez Fer e no que participou José Ramón Gómez Besteiro, Secretario Xeral do PSdG-PSOE, amais dos deputados autonómicos Concepción Burgo e Vicente Docasar, a deputada no Congreso Margarita Pérez Herráiz e o senador Ricardo Varela.

José López Orozco falou das propostas electorais do seu programa na área de cultura con dous grandes obxectivos: situar o Vello Cárcere e o Auditorio como espazos referentes da vangarda cultural e facilitar o acceso á cultura de toda a cidadanía a través dun bono para estas actividades. Ademais, prometen asegurar a accesibilidade universal da oferta municipal e prestarán os espazos públicos para o uso dos artistas lucenses e de fóra.

O candidato socialista explicou que potenciarán a cultura e as grandes citas culturais como atractivo turístico para que Lugo sexa centro de atención e visita todo o ano. Tamén mencionou o proxecto de realización dun parque dedicado ós romanos e castrexos, en colaboración coas asociacións, para poñer máis en valor a historia lucense e a concesión de axudas para que a mocidade do Concello realice estudos artísticos fóra de Galicia, en distintas especialidades.

López Orozco insistiu que non cesarán na súa esixencia á Xunta de Galicia para que constrúa o Museo Nacional da Romanización no Cuartel de San Fernando.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo