A plataforma en defensa do Hula denuncia máis falecementos por falta de hemodinámica 24 horas

A Plataforma lucense en defensa dos servizos do HULA insta á consellería de Sanidade e ao xerente do hospital a que “cumpran as súas promesas” e instalen “dunha vez por todas” o servizo de hemodinámica 24 horas. Segundo o voceiro do colectivo, José Manuel Carballo “continúan falecendo lucenses aocontinuar sendo desprazados fóra da provincia polo 061 para seren atendidos por infarto, ante a falta de servizos en Lugo fóra do horario de oficina”.

Carballo denuncia ademais que a consellería aínda non aportou á Valedora do Pobo os datos requeridos de falecementos por infarto atendidos fóra do horario de atención e que a plataforma vén reclamando dende fai máis dun ano. A este respecto, advirten de que se non reciben resposta “denunciarán esta actitude ante os organismos competentes ou tribunais europeos”, dado que a información facilitada pola Xunta é, á xuizo da plataforma “manipulada e non crible”.

A plataforma lucense en defensa dos servizos do Hula reclama ademais a posta en marcha do segundo acelerador de radioterapia, xa que aproximadamente a metade dos enfermos, segundo datos do colectivo, teñen que continuar facendo a coñecida como “ruta do cancro” dende Lugo e ata A Coruña por mor desta situación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com