O Pleno aproba deixar a cero a débeda bancaria do Concello de Lugo

O Pleno municipal aprobou esta mañá deixar a cero a débeda do Concello de Lugo, por primeira vez en 30 anos, ao saír adiante as dúas amortizacións por un importe conxunto de 4,3 millóns de euros propostas polo Goberno socialista. Aínda que estas proposicións tiveron votos en contra, ambas saliron adiante cos 8 votos a favor do grupo de goberno e a abstención principal do PP.

A Concelleira de Economía, Ana Prieto, subliñou que “o Goberno elimina así  a carga financeira do Concello, xa que o Concello dispón de superávit“, algo do que a voceira de Lugonovo, Cristina Pérez, así como os de outros grupos, aseguraron que “non se debería presumir cando as contas non están saneadas”. “É incomprensible que un goberno socialista  faga gala de superávit cando hai moita necesidade na cidade, e que presuma de non ter débeda cando se pagan facturas con reparos de legalidade”, lamentou Pérez Herráiz.

A pesares de absterse na votación, os populares seguiron moi na liña de Lugonovo cualificando a economía do Concello como “fracaso estrepitoso” pois, segundo afirmou Antonio Ameijide, “esta moción só proba da incapacidade de xestión do goberno socialista”

O pleno aprobou tamén a proposición do PP de apoiar ás forzas de seguridade que están a actuar no conflito de Cataluña dende o pasado 1 de outubro cos votos en contra de Lugonovo, ACE e BNG-AA. Os populares  recriminaron a ambigüedade do PSOE que ata o úlitmo minuto non clarificou a súa postura.

Xornada de pleno no Concello de Lugo e xornada intensa e larga, na que van case 30 proposicións  e tres comparecencias do edil socialista Daniel Piñeiro nas que dará conta das axudas, non executadas do ARI, a praia fluvial e as accións enmarcadas dentro do contrato da Fábrica da Luz. En total, se prevé que o pleno municipal remate hoxe preto das 21.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com