" />

O PP de Guitiriz lamenta o retraso na seguridade dos pasos de peóns

O Partido Popular de Guitiriz lamenta que a alcaldesa “se acorde agora” de mellorar a seguridade nos pasos de peóns cuando este grupo político leva demandando esta actuación dende hai dous anos. Neste senso, consideran que “é unha mágoa” que a socialista “non fose when de ver” que os populares tiñan razón ata que se produciu un atropelo a semana pasada.

“Así é como gobernar a señora Polín. Acórdase de Santa Bárbara cando chove, como di o refrán. Dende o PP levamos decíndolle durante os últimos 24 meses, que era necesario facer o pintado, entre outras actuacions, para ter que evitar un mal maior. Ela, como xa nos ten acostumados, mira para outro lado e, agora, que desgraciadamente houbo un atropelo, acórdaselle reunirse con Fomento e que hai que buscar unha solución”, critica o voceiro, José María Teixido.

Para o popular esta forma de actuar da rexedora “non é máis que outro exemplo  da deixadez de funcións” que demostra na xestión municipal.  Dende o PP advírtenlle á socialista que estarán vixiantes para que cumpla todas e cada unha das actuación anunciadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo