" />

Presentación do quinto libro da colección Traballos de Arqueoloxía que edita o Concello de Lugo

O Alcalde, José López Orozco, acompañado polo profesor Antonio Rodriguez Colmenero e o arqueólogo Santiago Ferrer Sierra, bos coñecedores da Gallaecia romana, presentaron o libro Augusto na Fisterra Ibérica, o volume cinco da serie “Traballos de Arqueoloxía” editado polo servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

Escoitamos a López Orozco:

 

En Augusto na Fisterra Ibérica os autores presentan unha nova síntese crítica sobre o período fundacional augústeo na rexión galaica e centrándose esta vez no estudo das inscricións e monumentos relacionados coa persoa do primeiro emperador e a súa familia, e achegando novas referencias e lecturas.

O profesor Antonio Rodriguez Colmenero explicou que o estudo que levaron a cabo foi entorno ao papel do culto imperial e o fenómeno correlativo das aras sestianas e que serven de fío condutor a esta investigación.

Escoitámolo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo