Ramón Carballo profesionalizará a xestión cultural en Lugo

Ramón Carballo quere que Lugo sexa un referente no mundo da cultura e, deste xeito, “atraer máis turistas á cidade todas as semanas”. Para iso, o alcaldable popular ten como obxectivo profesionalizar a xestión cultural, a través da creación dun Padroado de Cultura, para “ofertar unha programación estable, desestacionalizada e de nivel con actividades e actos todas as fins de semana”.

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo quere conseguir que Lugo “albergue todo tipo de actividades culturais xa que coa apertura do novo auditorio de Magoi teremos entre mans unha verdadeira obra de arte para acoller calquera espectáculo”. Malia iso, Ramón Carballo ten claro que a través da creación do Padroado de Cultura “se creará unha axenda para todas as instalacións da cidade, como pode ser o auditorio Gustavo Freire, o MIHL ou o Vello Cárcere”.

Por iso, o seguinte obxectivo marcado por Ramón Carballo é a elaboración e difusión dunha axenda cultural en coordinación con outras administracións e entidades culturais do municipio para evitar contraprogramacións ou o solapamento de actos.

Neste senso, o candidato popular quere determinar unha estratexia global para definir os usos dos edificios culturais (novo auditorio de Magoi, Vello Cárcere, Gustavo Freire, MIHL, biblioteca municipal Isidro Novo, a futura Biblioteca da Piringalla…), medida que camiña da man do apoio que Ramón Carballo quere ceder ás agrupacións de teatro locais. Para iso, “abriremos canles de colaboración coas compañías lucenses para programar ciclos e dar uso a espazos baleiros de contidos como o anfiteatro do campus e auditorio Gustavo Freire”.

Banda de música e Escola de música

O candidato popular tamén marca de xeito especial entre os seus obxectivos cando chegue a alcaldía garantir a continuidade da Escola de Música a través da mellora das instalacións para dar cobertura á demanda actual e futura e potenciar a banda municipal de música para recuperar o prestixio que tivo esta agrupación musical como referente galego. “A falta de xestión do goberno local se traduciu en que a banda de música case non ofreceu concertos durante os últimos catro anos pola incapacidade do equipo de goberno para nomear un director. Perdeuse ese costume de ter a banda tocando na cidade en días sinalados ou programar actuacións periódicas. Por iso é preciso darlle pulo para recuperar a súa imaxe e prestixio”, afirmou. Como exemplo, Carballo puxo que en toda a Semana Santa, festa declarada de Interese Turístico Galego, a banda de música non saíu nin un día á rúa.

Ramón Carballo quere levar a actividade cultural a todos os barrios e parroquias, polo que ten previsto tamén crear un servizo de bibliobús de novo concepto que, xunto aos libros tradicionais e os libros electrónicos, sexa a base para programar conferencias, proxeccións de cine e representacións teatrais.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Mario Sanfiz
    Mai 12, 2019 - 11:38 PM

    El PP nunca mueve un dedo por la cultura. No lo hicieron nunca desde el Gobierno de España y no lo van a hacer en ninguna parte, por más que prometan. Demasiado se habla de Gestión Cultural, pero no hay cultura que gestionar gracias a sus políticas educativas. En tal caso, invirtamos más en formación humanística de verdad y dejemos de creer en falsos profetas que dicen que la gestión y la industria cultural es el futuro.
    Este partido se cree que Lugo es su feudo, pero se van a llevar el mayor tropiezo de su historia.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo