Renfe modifica temporalmente o servizo entre Ourense, Monforte e Lugo por traballos de mellora na infraestructura

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada entre o 22 e o 26 de abril de 2026 debido a obras de mellora que Adif realizará na liña ferroviaria entre Monforte de Lemos e Lugo, incompatibles coa circulación de trens.

Estas actuacións afectarán aos servizos de Media Distancia entre Ourense, Monforte, Lugo e A Coruña, así como ao tren Alvia entre Lugo e Madrid, en ambos sentidos.

Para garantir a mobilidade, establecerase un plan alternativo por estrada que cubrirá os 40 servizos afectados durante eses días.

Entre os cambios principais:

  • Haberá transbordos por estrada en distintos tramos (entre Rábade, Monforte de Lemos e Ourense).
  • Varios trens de Media Distancia verán modificados os seus percorridos, combinando viaxe en tren e autobús.
    Servizos de Media Distancia

    – MD 12644 A coruña (7:05h) – Ourense (10:49h)

    Transbordo por estrada entre Rábade e Ourense

    – MD12641 Monforte de Lemos (7:30h) – A Coruña (10:13h)

    Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Rábade

    – MD 12642 A coruña (19:35h) – Monforte de Lemos (22:26h)

    Transbordo por estrada entre Rábade e Monforte de Lemos

    – MD12646 Ourense (19:50h) – A Coruña (23:31h)

    Transbordo por estrada entre Ourense e Rábade

    – MD 12694 Ourense (12:32h) – Lugo (14:12h)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com