" />

Rubén Arroxo fai un obradoiro de trampas caseiras para Vespa Velutina

Diante do edificio do concello de Lugo, o voceiro do BNG, realizou esta mañá un obradoiro de construcción de trampas para Velutinas. Ante a preocupación social existente e a inacción dos gobernos da Xunta e do Concello de Lugo, o BNG está a facer un traballo de información e difusión para axudar a diferenciar as Vespas Velutinas das especies autóctonas. Rubén Arroxo explicou públicamente a diferencia entre os diferentes tipos de himenópteros e construíu unha trampa caseira que se pode instalar en balcóns ou xardíns.

Ademais de matizar a diferencia entre os tipos de avespas e ensinar distintos modelos de trampas caseiras, Rubén Arroxo informou sobre os liquidos que se poden utilizar para atraer ás Velutinas ao interior das trampas. Arroxo insistiu na necesidade de que “as institucións, Xunta e Concellos, traballen coordinadamente e inicien plans de prevención ademais de informar á poboación sobre este problema que é serio e vai en aumento”.

Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas”.

O BNG propón, unha vez máis, que no Concello e Xunta implanten sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo