O PP denuncia o agravamento dos problemas de limpeza nas piscinas municipais

O viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denuncia que debido á falta de dilixencia socialista as piscinas municipais ven incrementados os seus problemas e deficiencias no verán coa apertura da piscina exterior. O viceportavoz popular explica que debido a “unha alarmante” falta de persoal non se acometen os labores básicos de mantemento nin limpeza nas piscinas municipais.

Enrique Rozas explica que hai uns meses xa denunciamos que as piscinas das Pedreiras e Frigsa non tiñan, durante o fin de semana, persoal de mantemento nin de limpeza, un problema que lonxe de solucionarse vese incrementado coa apertura da piscina de verán. “Se antes xa había deficiencias nesas materias vese agravado porque o persoal que hai ten que atender agora unha piscina máis”, asegurou o viceportavoz popular.

O viceportavoz popular explica que “o escaso persoal” que hai realiza todo tipo de funcións, o que lles obriga a “desatender” unhas ocupacións para realizar outras. “En moitas ocasións teñen que deixar ao carón a limpeza ou o mantemento para cubrir a recepción e atender aos usuarios, o que demostra que fai falta máis persoal para cambiar a imaxe que ofrecen as piscinas municipais”, explicou Rozas. Todo isto tradúcese en que os vestiarios e as zonas comúns atópanse encharcados e cun aseo que “non é do todo correcto” xa que o persoal que hai “non dá para máis”.

“Non entendemos a despreocupación e a falta de control dos socialistas á hora de previr calquera tipo de incidencia” reflexionaba o viceportavoz dos populares lembrando que “a media de usuarios diarios nas piscinas municipais rolda as 1.000 persoas”. Mesmo, Enrique Rozas explicou que “tanto o control de auga, como a limpeza periódica das piscinas, segundo figura no prego de condicións, ten que realizarse os sete días da semana” engadindo que o goberno local é perfectamente coñecedor destas deficiencias porque na propia Comisión de Queixas “mes si mes non, chegan denuncias de usuarios que relatan os problemas de hixiene detectados en ambas as dotacións deportivas e a única resposta dada polos socialistas é mirar a outro lado”.

Incluso os propios usuarios fan patente o seu descontento a través dos medios de comunicación aos que xa enviaron varios escritos. Por iso, o popular reclama a Lara Méndez que no novo prego de condicións das piscinas municipais inclúanse todas estas necesidades, xa que o contratou caducou o mes pasado.

Por iso, o Grupo Popular reiterará a súa petición ao goberno local para realizar os investimentos necesarios para corrixir diferentes problemas que se detectan nas piscinas como son a reparación dos teitos dos vestiarios (deteriorados pola condensación), a mellora da iluminación, reposición de chaves para poder utilizar os despachos de billetes que están bloqueadas, reparación de tornos para acceso ás instalacións que non funcionan e recuperar o reloxo de adestramento que está desaparecido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com