" />

Só un novo caso de Coronavirus en Lugo e provincia

A estas horas hai un novo caso de infección en Lugo e provincia, neste momento  son oito as persoas contaxiadas co virus.  Dentro da grave  situación que estamos a sufrir, hai que manter a esperanza porque nas últimas horas só se soubo deste novo caso contaxio do Vid-19. No HULA segue internada  a persoa infectada hai uns días, aínda que a súa situación e estable. As outras persoas permanecen illadas nos seus domicilios, onde están sendo atendidas.

O Hospital Universitario Lucus Augusti, segundo puido saber este xornal, está incrementando os seus recursos e nas últimas horas recibiu seis respiradores máis co cal o hospital conta nestes momentos con 26 camas cos devanditos respiradores fundamentais para os casos graves desta infección. Polo que, se a pandemia se mantén como ata de agora e os casos medran pouco a pouco o sistema hospitalario pode atender de xeito adecuado aos doentes que teñan que ser internados. Pero se isto non fose así e o incremento fora máis rápido, o hospital utilizaría as prazas de reanimación e mesmo de espertar ou abriría outras instalacións que ata de agora permanecen pechadas dende a apertura do centro, para dar acollida ao máximo de doentes que precisen hospitalización.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo