Traballadores do Concello protestan diante da Casa Consistorial pola RPT

Traballadores do Concello de Lugo manifestáronse sobre as 11:30 horas desta mañá protestando contra a Relación de Postos de  Traballo (RPT), aprobada onte polo 80% dos representantes sindicais do Concello. A RPT continúa dando que falar entre os diferentes sectores do Concello que están actualmente divididos.

Por un lado, o executivo local xunto con ese 80% dos representantes sindicais asinaron onte a RPT; mentres que por outro, a CIG, algúns grupos da oposición e algúns traballadores sitúanse en contra. Dende o goberno local advirten que esta medida permitirá melloras organizativas e de funcionamento, distribuíndo o persoal e posibilitando que promocione mediante carreira profesional.

Asemade, este documento inclúe, segundo afirma Miguel Fernández, voceiro do executivo local, un plan de ordenación de recursos humanos, que vai garantir a funcionarización, un concurso de traslados, incentivar a formación dos e das traballadoras ou modernizar a administración.

Miguel Fernández destacou o intenso traballo e a búsqueda continua de consenso e negociación, por parte do Goberno local e agradeceu aos diferentes sindicatos o seu apoio a este novo plan.

Miguel Fernández lembrou tamén que este e só o primeiro paso de moitos que prevé que se darán por parte do Concello para mellorar a administración. Asemade, destacou que aínda que algún colectivo non está de acordo, o Concello de Lugo estará aberto a recibir aportacións e suxestións de calquer axente social.

O apoio dos representantes sindicais é un paso máis para que esta RPT saia á luz, agora só queda que o resto de forzas políticas o aproben en Xunta de Goberno, aínda que non hai data asegurada de cando será, Fernández cre que “o mellor é que sexa canto antes, previsiblemente a semana que vén” xa que, para o Concello é “prioritario” ter os orzamentos rematados “canto antes”.

A aprobación desta nova Relación de Postos de Traballo constitúe un dos grandes obxectivos que a Alcaldesa, Lara Méndez, trasladou aos propios representantes dos traballadores tras a súa toma de posesión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com