Un 94% dos membros de Lugonovo elixe a Cristina Pérez como candidata á alcaldía

O SI vén de confirmarse como a opción máis votada no referendo da primeira fase das Primarias de Lugonovo. Á espera de pechar o prazo de alegacións durante o xoves 27, Cristina Pérez Herraiz será a candidata á alcaldía que presente Lugonovo nas eleccións municipais de 2019. A candidatura da actual portavoz municipal viuse así maioritariamente avalada polas persoas que participaron na votación que marca a primeira parte das Primarias. Cunha porcentaxe de votos positivos do 94% (98 votos) nunha participación total do 34% (104 participantes), Lugonovo escolle así a primeira persoa da candidatura plural e de progreso con que concorrerá ás eleccións municipais de 2019.

Logo de coñecer os resultados, Cristina Pérez agradeceu a confianza depositada e indicou a súa disposición a axudar na construción dunha candidatura progresista e gañadora en maio do ano próximo. Pérez Herraiz considera que esta votación “é a primeira parte dun proceso ilusionante e esperanzador que continuará coa escolla das persoas que me acompañarán na candidatura nas próximas eleccións municipais”. “Agora imos construir o mellor equipo humano para transformar este Concello” engadiu, sinalando que “estas persoas darán todo de si para defender os intereses da cidade e mellorar a vida da xente que a habita”.

Pérez Herraiz será presentada como alcaldable por Lugonovo nun acto oficinal en vindeiras datas, logo de concluír o prazo previsto para a presentación de alegacións. O local de Lugonovo permaneceu aberto como centro de votación ao longo de todo o día, de forma que as persoas inscritas puidesen depositar o seu voto nun referendo que se prolongou ata as 20:30.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com