Un menor, evacuado ao HULA, tras ser alcanzado por un vehículo na Rúa das Fontes

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta tarde a un menor atropelado por un turismo na Rúa das Fontes, en Lugo. O cativo foi trasladado ao Hospital da cidade despois de recibir os primeiros coidados no lugar do accidente, fronte ao Instituto Ánxel Fole.

A alerta sobre este suceso saltou ás 18.00 horas no 112 Galicia a través da chamada dun veciño que pedía axuda urxente para o menor, polo que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediuse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que xa tiñan coñecemento do suceso e enviaban medios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com