Un motorista ferido de consideración despois de colidir contra un turismo

O condutor dunha motocicleta resultou ferido de consideración a pasada noite en Lugo ao bater contra un coche na Avenida Garabolos.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao fío das 22:20 horas.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos axentes da Policía Local, aos Bombeiros de Lugo e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com