Un veciño de Riotorto perde a vida ao quedar atrapado debaixo do seu tractor

Un home perdeu a vida na tarde de hoxe despois de quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba ao envorcar nunha finca no lugar de Lorigados, en Riotorto, Lugo.

Segundo indica o 112 Galicia os feitos tiveron lugar ás 16:00 horas. É nese momento, o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dun veciño que solicitaba axuda médica urxente para o condutor da máquina agrícola.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Barreiros e dos membros do GES da Pontenova para liberar ao varón accidentado. Desafortunadamente, pese a que o persoal sanitario chegou a mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, soamente puideron confirmar o seu falecemento.

Cómpre sinalar que para prestar apoio aos efectivos de emerxencia e aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 avisouse tamén aos axentes da Garda Civil e á Agrupación de Protección Civil da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com