" />

Unha persoa resulta ferida en Ribas de Miño mentres facía traballos de tala no monte

Dez minutos antes das 18:30 horas desta tarde, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicita ao 112 Galicia medios para rescatar a unha persoa que resultara ferida ao caerlle unha pola dunha árbore enriba mentres facía traballos de tala  no monte situado na LUP-2913, en Ribas de Miño (Lugo). De contado os Bombeiros de Lugo desprazáronse ata o lugar para rescatar ao ferido, que se atopaba nunha zona de difícil acceso.

A persoa non estaba atrapada pero a vexetación e o estado do terreo dificultaban o paso da ambulancia medicalizada que se desprazara ao punto para evacuar ao ferido.

Así, desde o 112 Galicia requiriuse a colaboración dos Bombeiros da cidade que decontado saíron cara o lugar. Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Policía Nacional e os efectivos de Protección Civil.

Finalmente, non foi precisa a intervención dos Bombeiros para rescatar á persoa que foi evacuada polo persoal sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo