" />

Urbanismo dispón xa do informe favorable ao proxecto de expropiación para o desdobramento da Duquesa de Lugo

O edil de Urbanismo do Concello de Lugo, Miguel Couto, anunciou na tarde de onte que a súa área vén de acadar o informe favorable ao proxecto de expropiación elaborado por Evislusa para proceder ao desdobramento da Duquesa de Lugo.

“Un trámite que posibilitará agora que traslademos en breve ese documento á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación inicial e que, trala súa exposición pública durante un mes, permitirá non só materializar esas expropiacións senón tamén comezar a executar as obras“, indicou o edil, quen lembrou que Urbanismo ven traballando neste proxecto desde o mandato pasado tras conseguir a firma dun convenio coa Deputación para o financiamento desta obra.

Couto lembrou que o obxectivo da actuación prevista para a Duquesa de Lugo é o de dotar esta Avenida das condicións necesarias para garantir a seguridade na circulación contemplando solucións de mobilidade sustentables e efectivas que inclúan a peóns e ciclistas e referiu que, no tramo comprendido entre a Rotonda de Albeiros (Rolda Norte) e a intersección entre a Avenida de Paulo Fabio Máximo, estableceuse un ámbito de expropiación forzosa para a obtención dos terreos que permitan acometer a intervención.

“A alleación afectará a un total estimado de superficie aproximada de ocupación en predios privados de 2.779’04 metros cadrados, aínda que se establecerá un ámbito de ocupación temporal das parcelas debido ao desenvolvemento de obra pública sobre unha superficie aproximada de 2.662’65 metros cadrados, cun custo total estimado para estas expropiación de 132.639’30 euros”, abondou.

“O proxecto – indicou o responsable de Urbanimo – contempla o desdobramento de calzada para dotala de dous carrís de circulación en cada sentido, con itinerarios peonís accesibles en ambas as marxes, carril bici e a humanización da contorna, para o que se terán en conta os tramos xa urbanizados, tanto da Avenida Infanta Elena como das rúas que se cruzan con ela”.

“Disporá, así mesmo, de servizos como abastecemento, saneamento e iluminación pública, tendo en conta a situación actual e as demandas futuras como pode ser o desenvolvemento de solo urbano non consolidado e solo urbanizables previstos no PXOM”.

O concelleiro trasladou tamén que o proxecto para a zona contempla a creación de beirarrúas dunha anchura de 4’05 metros, formadas por bordo e baldosas de laxa hidráulica que se completarán, no bordo de calzada, con árbores situadas en alcorques, con báculos de iluminación e sinalización viaria.

“Desta maneira acadaremos que os peóns disfruten de tres metros libres de circulación contando ademais con elementos de sombra, papeleiras e mesmo bancos que posibiliten o seu descanso”, engadiu Couto quen tamén sinalou que se lle dará continuidade á rede de carril bici prevista, conectándoa coa parcela municipal na que se pretende a construción dunha edificación sustentable e co centro comercial próximo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 22, 2020 - 02:24 PM

    Sen tempo non é? Agora qué valla rápido, non como casi sempre meses e meses para rematar a obra

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo