Valentín G. Formoso: “Feijóo debera transmitir esperanza e non meter medo”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “vir a San Cibrao a meter medo a toda unha comarca e poñer en entredito o traballo enorme dos representantes dos traballadores” da planta de aluminio de San Cibrao. Así o dixo logo dun encontro co Comité de Empresa de Alcoa, hoxe en Foz.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que “veña amosar un camiño de luz e esperanza” e esixiulle ás administracións implicadas que “poñan toda a carne no asador” para “acompañar no proceso e que a posta en marcha das cubas sexa unha realidade” no prazo de dous anos estipulado entre a empresa e os traballadores.

González Formoso ratificou así o apoio do PSdeG “ao completo e a toda unha comarca que ten que volver producir aluminio primario”, unha necesidade, sinalou, “estratéxica para Galicia e para todo o país. Para iso, dixo, emprazou ao goberno galego a “facilitar a tramitación de todos aqueles parques eólicos que sexan necesarios para que o prezo da enerxía sexa competitivo neste complexo”.

O líder dos socialistas galegos desprazouse hoxe ata Foz, onde mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa da planta de Alcoa para “coñecer polo miúdo do seguimento do acordo asinado coa compañía”. Neste encontro tamén estiveron presentes a parlamentaria autonómica Patricia Otero, o secretario de Industria do PSdeG e alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com