" />

Xermade, As Nogais e Pontedeume súmanse á APLU para velar pola protección do territorio e a paisaxe

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de tres concellos galegos, concretamente de Pontedeume, Xermade e As Nogais, garante un correcto uso do territorio e a protección da paisaxe.

Así o puxo de manifesto durante a sinatura dos convenios de adhesión destes municipios formalizada con senllos rexedores, co que o número total de concellos adheridos á APLU elévase a 86, o que representa un 18% da superficie de Galicia e o 13,5% da poboación.

Recordou que a APLU ten por obxectivo velar pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións, polo que é un ente que está ao servizo dos concellos para garantir a protección do territorio e o respecto á legalidade vixente.

Ángeles Vázquez explicou que, en virtude destes convenios, os concellos delegan na APLU as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza sempre que estean en solo rústico non urbanizable e solo urbanizable ou apto mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento, e en núcleos rurais delimitados no PXOM. Por outro lado, a APLU transferirá ao concello un 10% do produto das multas coercitivas e sancións.

Destacou que o obxectivo da Xunta é seguir incorporando novos concellos, ao tempo que se incrementa a colaboración cos concellos adheridos; porque os resultados amosan que a actuación conxunta é sinónimo de éxito. A modo de exemplo, argumentou que en 2019 baixaron o número de expedientes resoltos, o que denota un aumento da concienciación da poboación e un exercicio máis, o número de execucións subsidiarias, as realizadas polos particulares, foi dun 95%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo