Xornada de Fomento da Accesibilidade Universal

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, o voceiro de accesibilidade de AUXILIA, Aquilino González, o presidente de PREDIF Galicia, Francisco Vieites, o presidente de Lugo Monumental, David Fernández, e o terapeuta ocupacional de Raiolas, Pablo Gómez, presentaron este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a Xornada de Fomento da Accesibilidade Universal, que se celebrará o día 8 de xuño na Praza da Soidade e no Museo Provincial. O Concello colabora con AUXILIA, Predif Galicia e  nesta iniciativa, posto que se enmarca na súa aposta pola igualdade e pola defensa dos dereitos básicos de todos os veciños e veciñas, co fin de conseguir unha sociedade máis igualitaria. Neste acto tamén colaboran os colectivos de ASORLU, Udp e ONCE, así como distintas persoas voluntarias.

No acto de presentación, a Concelleira felicitou ás distintas asociacións por levar a cabo esta iniciativa e “por non deixar nunca de traballar pola accesibilidade”. Así mesmo insistiu na colaboración que mantén con elas a entidade local e que se articula, principalmente, a través do Gabinete Municipal de Accesibilidade, que nos últimos anos permitiu actuar con eficacia para eliminar as barreiras arquitectónicas e adaptar a cidade a toda a cidadanía luguesa e visitante.

Finalidade das xornadas

Poñerse na pel e afrontar as dificultades das persoas con mobilidade reducida é a finalidade principal da Xornada de Fomento da Accesibilidade Universal. Así mesmo, esta iniciativa pretende servir como ferramenta de sensibilización social, ademais de ser un punto de encontro para as persoas representantes das distintas discapacidades da cidade de Lugo.

A edil convidou á cidadanía a participar nesta xornada, que se desenvolverá, baixo o hastag #PonteNasMiñaBotas dende as 11:00 ás 14:00 horas, en xornada de mañá, e das 16:30 ás 18:30 de tarde; e insistiu na importancia da súa celebración, necesaria para que todas as persoas poidan ser consciente das diferentes barreiras e da necesidade de que entornos, bens ou servizos sexan accesibles.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com