" />

Xuízo pola denuncia de Orozco contra Portomeñe

Hoxe celebrouse en Lugo no Xulgado do Penal número 2, o xuízo por unha denuncia do exalcalde López Orozco contra o exvoceiro de Esquerda Unida Carlos Portomeñe. A denuncia, por presuntas calumnias, presentaraa o rexedor socialista por unhas declaracións aos medios de comunicación de Portomeñe, sobre supostas presións o, daquela secretario xeral, para que cambiara un informe. Todo parece indicar que o caso terá pouco recorrido, pois a fiscalía pediu o sobreseimento do mesmo por non ver indicios penais.

A raíz deste xuízo, Esquerda Unida emitiu un comunicado no que aclara que : “O código ético de IU obriga no seu punto sétimo a denunciar ante a Fiscalía e colaborar coa Xustiza aportando calquera dato de corrupción que coñezan no exercicio das súas responsabilidades como cargos públicos”. E no seu punto oito,  a Asumir ou esixir as responsabilidades políticas en casos de corrupción, con dimisión cautelar dos cargos públicos e cargos de libre designación en caso de imputación e procesamento por delitos de corrupción política ou urbanística”
O que non se pode é castigar  a quen desenvolve o seu labor público. Como militantes de EU e/ou cargos públicos desta formación estamos obrigados a denunciar a corrupción e a colaborar coa Xustiza. Non é casualidade, polo tanto, que Carlos Portomeñe antes, durante e despois de ser concelleiro denunciara irregularidades urbanísticas”

Na vista de hoxe o militante de Esquerda Unida, acolleuse ao seu dereito a non declarar e foi o seu avogado quen levou o peso da defensa.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo