Xunta e Concello de Pol rehabilitan a biblioteca municipal

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Pol acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o seu alcalde, Lino Rodríguez. O Goberno galego e o concello colaboraron na rehabilitación e a ampliación da biblioteca municipal.

Marta Fernández-Tapias destacou durante a súa visita ao municipio a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns. Ademais, os municipios son a administración máis próxima á cidadanía e, por tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños.

A Xunta e o concello de Pol colaboraron o ano pasado na ampliación do espazo dedicado á biblioteca do concello para unificar nun só recinto as instalacións que estaban ubicadas en dous espazos diferentes. Tamén se levaron a cabo actuacións para mellorar o funcionamento das distintas áreas con medidas como a supresión de barreiras arquitectónicas para permitir a accesibilidade a persoas con discapacidade ou con mobilidade reducida.

O proxecto tamén incluía traballos no interior da biblioteca como a ampliación e a adecuación da iluminación nas zonas de lectura, xunto coa colocación de estanterías e de mobiliario infantil. Ademais, instalouse un novo cableado para que os usuarios dispoñan dunha boa conexión a internet.

Ambas administracións tamén colaboran este ano en melloras na rede de saneamento e no acondicionamento dos accesos nalgúns núcleos do concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo