" />

A Xunta inviste preto de 316.000 euros en vinte e un concellos para mellorar a accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu conta esta mañá das obras executadas con cargo á liña de subvencións que Turismo de Galicia puxo en marcha e que destinou aos concellos interesados en mellorar a accesibilidade e sinalización dos seus recursos turísticos no medio rural.

Afondando nesta cuestión indicou que na provincia de Lugo lévanse a cabo distintas actuacións con cargo a estas liña de axudas, máis en concreto, beneficiáronse 21 municipios nos que se investiron preto de 316.000 euros. Na comarca da Ulloa: Palas de Rei; na Mariña os concellos de Xove, Foz, Alfoz, Trabada, Mondoñedo, O Vicedo, Lourenzá e Barreiros; na Terra Chá: Begonte, Abadín e Vilalba; na comarca central: Outeiro de Rei, Guntín, Portomarín, e Lugo capital; en Lemos: Sober e Monforte; e tamén recibiron apoios os municipios da Chantada, Folgoso do Courel e Paradela.

Recursos turísticos máis accesibles

As obras van desde a construción, ampliación ou mellora de aparcamentos para o acceso aos recursos turísticos, á pavimentación dos accesos, pasarelas, ramplas e eliminación de barreiras arquitectónicas, a construción, rehabilitación ou mellora das instalacións que contribúan a mellorar os accesos e circulación dos visitantes e a dotación de equipamentos das referidas instalacións, a rehabilitación ou mellora da accesibilidade dos espazos naturais e a dotación de equipamentos nestes, así como a sinalización, información visual e información táctil.

Aparcadoiro en Begonte

No ámbito destas actuacións o representante da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde de Begonte, José Ulla Rocha, supervisaron o novo aparcadoiro da praia fluvial que foi obxecto de subvención ao abeiro desta liña de axudas por parte de Turismo de Galicia por importe de 36.885,92 euros.

O delegado territorial, agradeceu o compromiso de Turismo de Galicia coa provincia de Lugo  e  indicou que medias como estas ademais de contribuír a consolidar a visibilidade dos espazos naturais e recursos patrimoniais máis característicos, permite potenciar o medio rural incrementando así as súas cifras de visitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo