" />

A Xunta reitera o seu compromiso coa recuperación do barrio da Tinería onde intensificará as iniciativas e investimentos

A Xunta de Galicia reiterou hoxe o seu firme compromiso coa recuperación do barrio da Tinería, emprazado no casco histórico da cidade de Lugo, onde o Goberno galego prevé intensificar as iniciativas e investimentos para a súa posta en valor e rehabilitación.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial, José Manuel Balseiro, en rolda de prensa, onde fixo balance do esforzos realizado pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a recuperación deste emblemático espazo e onde avanzou tamén algunha das liñas mestras do que ten previsto facer a administración autonómica nos vindeiros meses e anos.

“Un país que quere ter futuro, debe saber sacar partido dos símbolos do seu pasado, e nese obxectivo, o de mellorar a Tinería, debemos ser capaces de sumar esforzos todos, tamén todas as administracións, para revitalizar e encher de vida este barrio”-dixo Balseiro, quen tamén explicou que moitas das actuacións están pendente de recibir a licenza municipal correspondente.

“Actuaremos na rehabilitación da Tinería por compromiso coa nosa historia, farémolo tamén pensando en dar novos folgos ao sector da construción e achegar novas actividades ao barrio e, incluso porque é un desafío social: a recuperación pode ser ese primeiro impulso necesario para que este barrio volva atraer novos veciños”- insistiu o delegado da Xunta.

Previsións

Balseiro explicou tamén que Xunta intensificará, en liña coa recuperación económica, o esforzo inversor no tocante á rehabilitación de edificios, que comprende tanto as actuacións de recuperación de inmobles deteriorados para que reúnan os requisitos de funcionalidade, seguridade e a habitabilidade, como a rexeneración urbana.

Está previsto igualmente a rehabilitación dos edificios Tinería, 30, Recanto do Miño, 11-13 e Recanto do Miño, 17 para un total de 4 vivendas, estes proxectos atópanse en fase de licitación e pendentes dous deles da obtención da licenza municipal.

“A Xunta non abandona en ningún momento a idea de adquirir e rehabilitar novos edificios que na actualidade se atopan en estado ruinoso e que nin os propietarios nin o concello toman medidas para a súa recuperalos” – dixo Balseiro

O delegado territorial lembrou finalmente, que o Goberno Galego está a realizar importantes esforzos no ámbito normativo e, de feito, no último Consello da Xunta, dábase conta da intención de aprobar a primeira Lei de rehabilitacións de Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo