A mostra sobre Xela Arias chega ao IES Xograr Afonso

Foi inaugurada no IES Xograr Afonso de Sarria, a mostra itinerante Aquela nena de Sarria, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria coa colaboración de GaliciaDigital, para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega. Asistiron á presentación o director do centro, José Manuel Valcarce, a profesora de lingua e literatura galega, Lola Chaos, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Exposición Aquela nena de Sarria

A mostra, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co noso idioma, e o empeño en que se recoñecese XELA como o seu nome real. Complétase a mostra con poemas dirixidos a Xela por alumnos/alumnas dos Institutos sarriáns Xograr Afonso e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, e de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, e ata un conxunto de “Vilariñas”, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu Ano.

Complétase a mostra cunha serie de fotografías facilitadas pola familia de Xela, e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo. A mostra ten carácter itinerante, visitando en primeiro lugar os centros educativos de Sarria, e logo os dos concellos limítrofes, para despois da Festa das Letras iniciar percorrido polo resto de Lugo e Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com