‘Aquela nena de Sarria’, chega ao IES Rosalía de Castro de Santiago

O IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, acolleu hoxe a presentación da mostra itinerante Aquela nena de Sarria, un proxecto
desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

Participaron no acto Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xabier Mouriño, director do centro; Marga do Val, profesora do centro e participante no proxecto, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, ademais dun grupo de alumnos do Instituto.

A mostra permanecerá no centro ata o venres 16 de abril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com