Novas actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal

Dende o vindeiro xoves 16 de febreiro e ata o 30 de marzo, o Concello de Lugo convida aos máis cativos a ler con catro novas actividades gratuítas postas en marcha co obxectivo de fomentar a lectura entre aos nenos e nenas de Lugo. Trátase de actividades de animación á lectura e contacontos,

As actividades están deseñadas e pensadas especialmente nos pequenos e pequenas da casa, para estimular a  súa imaxinación a través de espectáculos lúdicos e para incentivar o seu gusto pola lectura, capaz de contribuír á súa aprendizaxe e á mellora das súas habilidades.

A primeira das actividades será Contos para vestirse de Entroido, unha sesión dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos que está ligada ás tradicións destes festexos en Galicia. Será o 16 de febreiro, a partir das 18:30 horas, a cargo de Caxoto.

Contando con Rosalía, de María Irimia, será a encargada de facerlle pasar un bo anaco aos cativos de máis de 4 anos, coa finalidade de achegalos á obra desta escritora dun xeito lúdico e divertido, o 23 de febreiro, ás 18:30 horas.

No mes de marzo, terá lugar a actividade Os contos do chupete para bebés de ata 3 anos, acompañados dos seus pais e nais, na que se integran música, literatura e expresión dramática e tradición oral, de mans de Migallas Teatro, o día 16, a partir das 18:30 horas.

O encargado de pechar esta programación, o día 30 de marzo, será O xigante a cargo de Elefante elegante, quen contará a historia sobre un home que decidiu facer unha viaxe. Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos.

Entradas gratuítas e aforo limitado

Todos as persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades gratuítas, que contan cun número limitado de prazas, un total de 140, deberá retirar unha entrada na Biblioteca Municipal. As entradas estarán dispoñibles a partir das 16:30 horas do luns da semana da actuación correspondente. Entregaranse un máximo de dúas por persoa.

Máis información na web municipal www.lugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com