O Concello impulsa novos cursos de alfabetización tecnolóxica polo Nadal

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este xoves no Salón de Comisións a nova programación de cursos de alfabetización tecnolóxica E-Nadal, que se desenvolverá durante este Nadal nas aulas CEMIT de María Balteira e O Castiñeiro. Na aula de María Balteria haberá un curso de utilización de smartphones do 12 ao 16 de decembro, de luns a venres de 12:00 a 14:00 horas, outro de redes sociais do 19 ao 30 de decembro, de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas, e de retoque fotográfico do 12 ao 28 de decembro, de luns a mércores de 16:30 a 18:30 horas.

En canto á aula do Castiñeiro, celebraranse un curso de iniciación á informática do 19 ao 30 de decembro, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, e outro curso sobre mercar por internet, do 12 ao 16 de decembro, de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas”. Todos os cursos son gratuítos e están dirixidos a toda a poboación. A programación pode consultarse na web do Concello www.lugo.gal e para inscribirse é preciso chamar ao Servizo de Información Cidadá a través do teléfono 010 ou 982-297- 350 para chamadas dende fóra de Lugo.

A edil lembrou que “nestas aulas faranse máis cursos cunha programación específica ao longo do vindeiro ano e que, ademais, estas aulas están abertas ao seu uso por parte dos diferentes colectivos e asociacións da cidade”. Durante este ano foron utilizadas pola Amtega con cursos de redes sociais de negocios e de Internet, a ONCE realizou cursos de alfabetización dixital e de ofimática, as ANPAS dos colexios Menéndez Pelayo e Luis Pimentel fixeron cursos de robótica e a asociación profesional Lyo Global Team facendo cursos de redes sociais e de Internet.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com